Sendadixital

Servizos web

  • Inicio
  • Nós
  • Servizos
    • Desenvolvemento web
    • Redes sociais
    • Formación tecnolóxica
  • Proxectos
  • Blog
  • Contacto
  • ESP
  • GAL

Das páxinas amarelas ó smartphone

Miguel Pérez San Martín

Pasamos das páxinas amarelas ó smartphone. Fai relativamente pouco tempo buscábamos nun libro pesado con centos de páxinas moi finas a información para contactar con quen queríamos. Agora basta poñer unha palabra nunha fiestra pequena cunha lupa para que apareza de seguido o que buscamos na pantalla do noso dispositivo máis usado.
Tamén pasamos da letra ínfima da guía telefónica á accesibilidade das páxinas web, que nos permiten ampliar todo (ou case todo) con dous dedos.

Nestes tempos raros nos que xa non imos á ferretería do barrio porque frecuentamos o macroespacio de bricolaxe que ten aparcamento para cen coches, é importante facer visible o valor do propio: si temos un pequeno negocio, teremos que falar cos clientes, seguir cultivando a confianza e a cercanía que fixo que ese modelo funcionara antes.

É certo que os lugares de conversación mudaron, ou apareceron outros novos, como o facebook ou o twitter… pois ahí tamén podemos falar cos clientes, abrir a nosa marca, ter diferentes aparadores do noso servizo.

A irrupción das redes sociais non quere dicir renunciar a outros espazos de conversación, senón optar a novos lugares onde interaccionar e coñecernos.
Si o noso público é usuario de internet buscará en internet.

Así que pode que sexa o momento de pensar en facerse visible nos lugares onde buscan as persoas ás que queremos chegar.

Un electricista de confianza que tamén podemos atopar con noso smartphone en google

Un electricista de confianza que tamén podemos atopar con noso smartphone en google

Filed Under: Internet Tagged With: presenza dixital

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies

sendadixital ·  639 07 80 92