En Sendadixital creamos páxinas web funcionais, personalizables, adaptadas a todos os dispositivos, pero sobre todo que sirvan para algo: para vender os teus productos ou servizos, para mellorar ou potenciar a marca, para mostrar as túas habilidades ou traballos…
Actualmente traballamos en Galicia, centrados na provincia de Ourense. A maior parte dos nosos clientes están ubicados en Verín e Allariz.
Con qué tipo de páxinas web estamos traballando? Pódense clasificar da seguinte maneira:
- Páxinas web corporativas, informativas, para autónomos, pequenas e grandes empresas, asociacións, ONGs.
- Blogs ou webs personais.
- Tenda online ou e-commerce.
- Portfolio ou presentación de proxectos / traballos.
- Cualquera combinación de todo o anterior.
Si se che ocorre alguna outra, non dudes en comentalo con nós.
Todas as nosos páxinas web incluen:
- Optimización para que se visualicen correctamente en todos os dispositivos: ordenador, portátil, tablet e móbil. É a denominada web reponsive.
- SEO. Optimización técnica básica para os motores de busca (google). Por moi bonita que sexa a web, se non apareces en google… malo.
- Dominio e hosting. Alta e xestión do nome da web (dominio) e o aluguer do espazo en internet para que se visualice (hosting).
- Formación posterior e publicación da páxina web. Se queres manter actualizada a web, engadindo novas, entradas, ou modificando alguns aspectos, nós explicámosche como facelo.
Ademáis, opcionalmente tamén podes dispor de:
- Fotografía orixinal para facer máis atractiva a túa web.
- Asesoramento e creación de contido. Si, todos o sabemos, non é sinxelo.
- Web multiidioma.
- Xestión das redes sociais. Tes eiquí toda a información.
Se tes calquera dúbida, suxerencia ou inquietude estamos en contacto.