As redes sociais son un lugar idóneo dentro da rede para manter conversas con clientes, colaboradores ou usuarios… polo que é importante que as utilices dunha maneira planificada e organizada, para aproveitar todas as súas posibilidades e para xestionar adecuadamente os recursos que lle dedicas.
As redes sociais están a facer un salto dende o terreo do ocio ó terreo profesional que abre un mundo de oportunidades: ampliar a túa rede de contactos, coñecer os seus intereses, facer recomendacións, contar o día a día da túa actividade, compartir contido e opinións, ou planificar eventos.
Qué facemos en Sendadixital?
- Ofrecémosche un asesoramento e acompañamento para utilizar as ferramentas máis adecuadas ó teu obxectivo, deseñando un plan estratéxico a túa medida.
A quen vai dirixido este servizo?
- A persoas que nunca utilizan as redes sociais de maneira profesional, porque creen que no saben, que no poden, que non teñen tempo ou que no lles servirán para nada
- A emprendedores e emprendedoras ou pequenos negocios que xa están presentes nas redes sociais maioritarias e queren mellorar a súa presenza ou utilizar outras ferramentas
- A persoas ou empresas que utilizan redes sociais e queren sistematizar o seu uso e optimizar os recursos que lle dedican
- A persoas que están nun proceso de mellora laboral e queren potenciar a súa presenza na rede e ampliar a súa rede de contactos
Cómo o faremos?
- Preguntámosche, escoitámoste e diagnosticamos a túa presenza “2.0”. Cóntanos cómo usas as redes sociais, qué che custa máis, cal é o teu obxectivo, canto tempo dedicas, cómo te organizas… Escoitámoste, analizamos a túa presenza dixital e facemos un “diagnóstico”
- Propómosche un plan estratéxico a túa medida e asesorámoste, acompañámoste e formámoste para que o leves a cabo.
- Estamos contigo para todas as dúbidas que che poidan xurdir e xuntos solucionámolas!