Sendadixital

Servizos web

  • Inicio
  • Nós
  • Servizos
    • Desenvolvemento web
    • Redes sociais
    • Formación tecnolóxica
  • Proxectos
  • Blog
  • Contacto
  • ESP
  • GAL

Nós

Miguel Pérez San MartínChámome Miguel, eu encárgome do deseño e desenvolvemento web en Sendadixital. Son a primeira persoa coa que falarás cando decidas facerte visible na rede.
Xuntos deseñaremos a túa páxina web e enseñareite a utilizala e mantela actualizada.

 

Lucía Aparicio CastroChámome Lucía, colaboro con Sendadixital asesorándote para que aprendas a utilizar as redes sociais  ou deseñes un plan estratéxico.
As redes sociais son moi útiles e mantéñennos conectad@s, fan máis visible a túa web!

 

Ideario

Sendadixital nace da ilusión de achegar as ferramentas web ás persoas.

Convencidos de que estar presentes na web ábrenos un mundo de oportunidades, cremos que o empoderamento dixital é a base para achegar persoas, servizos e coñecemento.

A nosa visión do mundo é que facendo pequenos pasos consíguense grandes cambios,  e que é importante que  o proceso de aprendizaxe  de utilizar unha ferramenta sexa agradable e adaptado á persoa que aprende, por iso queremos acompañar a persoas que aprenden a utilizar unha web, as redes sociais ou outras ferramentas dixitais.

Sabemos que a web é, en moitos casos, a tarxeta de presentación, por iso cremos que é moi importante que se reflexe nela a identidade dos nosos clientes, e traballamos escoitando, mirando e acompañando no proceso de implantación da web ou das redes sociais.

Hai moitos factores a ter en conta no camiño do emprendedor, por iso ofrecemos un servizo integral que faga máis sinxela a presenza na web das persoas que comezan un novo proxecto.

Queremos traballar preto dos nosos clientes, conversamos coas persoas para definir conxuntamente o que queren, cómo queren facelo e qué teñen que ter en conta para estar presentes na web.

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies

sendadixital ·  639 07 80 92