A web 2.0, o uso xeneralizado das redes sociais, e o acceso ás mesmas a través dos ordenadores ou dos dispositivos móbiles teñen aberto ante os usuarios e usuarias de internet un amplio abano de oportunidades.
Aínda que hai unha parte da sociedade que por diversos motivos non accede a internet, é certo que hai un alto porcentaxe de cidadanía que utiliza internet no día a día, para consumir ou producir información na rede. A rede como oportunidade de transformar a información en coñecemento, organizar e filtrar a información por intereses, de establecer redes de colaboración ou de acceder á información de maneira inmediata, ten desembocado nos últimos tempos en auténticos fitos de transformación social.
Asimesmo as persoas que teñen un proxecto empresarial, que buscan traballo ou que forman parte dunha organización, encontran na web 2.0 un espazo no que poder falar co seu público obxectivo, entrar en contacto coa persoa clave nun proceso de mellora laboral ou coñecer máis sobre o cliente do negocio, así como de descubrir potenciais clientes, que coas barreiras físicas (que non ten internet) non serían accesibles. Existen múltiples ferramentas para ubicar os contidos na nube, reducindo costos, potenciando o traballo colaborativo e favorecendo o acceso á información dende prácticamente calquera lugar.
Ademáis dos aspectos positivos das redes sociais como o efecto transformador na sociedade, o intercambio de coñecementos ou a apertura de negocios máis alá de fronteiras xeográficas, como calquera entorno social e máis tratándose dun fenómeno relativamente reciente, supón uns riscos. Estes riscos son máis preocupantes en poboacións máis vulnerables respecto a súa identidade dixital, como poden ser os adolescentes, persoas recentemente alfabetizadas no ámbito dixital ou aquelas que deben coidar a súa marca profesional. Case todos os riscos das redes sociais pódense neutralizar co coñecemento, a normalización do seu uso nos diferentes entornos e a reflexión sobre o seu funcionamento.
A web 2.0 ofrécenos a posibilidade de consumir e de producir información, sexa no formato de texto, imaxe, video ou son. Esto convirte ós usuarios e usuarias destas ferramentas en protagonistas do seu proceso de coñecemento e crecemento.
Un enfoque pedagóxico das redes sociais, atenúa a fenda dixital que castiga especialmente ás persoas que non acceden a internet, facilita a presencia dixital de persoas, colectivos ou organizacións do entorno rural e achega ás persoas, que definitivamente son as protagonistas destas ferramentas.
O servizo de formación de Sendadixital ofrece un achegamento á web 2.0 para diferentes “colectivos” que son susceptibles de beneficiarse dun coñecemento e bo uso das ferramentas chamadas Social Media. Bótalle un ollo aquí.
Deixa unha resposta