Sendadixital

Servizos web

  • Inicio
  • Nós
  • Servizos
    • Desenvolvemento web
    • Redes sociais
    • Formación tecnolóxica
  • Proxectos
  • Blog
  • Contacto
  • ESP
  • GAL

Subvención da Xunta de Galicia para comerciantes retallistas

Miguel Pérez San Martín

Queres renovar ou crear a páxina web do teu negocio?

Estás pensando en crear un comercio electrónico para vender os teus productos on-line?

Queres dinamizar as túas redes sociais coa axuda dun profesional?

Si o teu negocio é un pequeno comercio ou un obradoiro artesanal podes solicitar as axudas da Xunta de Galicia 2016 para a creación de páxinas web, implantación de comercio electrónico e dinamización das redes sociais.

Gastos subvencionables para os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais

a) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización
de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento.

Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

b) Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos: portada ou páxina de inicio; formulario de contacto; páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo; epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 1.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %. O beneficiario deste punto queda obrigado á inserción de 5 publicacións semanais

Para máis información podes consultarnos para ver se podes beneficiarte destas axudas a pemes durante este ano 2016 (ORDE do 22 de decembro de 2015). O prazo remata o 18 de febreiro de 2016.

Filed Under: Internet, Redes sociais Tagged With: presenza dixital

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies

sendadixital ·  639 07 80 92