Sendadixital

Servizos web

  • Inicio
  • Nós
  • Servizos
    • Desenvolvemento web
    • Redes sociais
    • Formación tecnolóxica
  • Proxectos
  • Blog
  • Contacto
  • ESP
  • GAL

Benvidos ó blog de sendadixital

Miguel Pérez San Martín

bienvenidos-sendadixital

E benvidos a nosa nova ubicación, Allariz. Instalámonos aquí para estar máis cerca do noso e porque cremos que no rural galego pode encaixar a nosa idea de facilitar o achegamento ó mundo dixital por parte de persoas que desenvolven neste contexto a súa actividade.

Persoas que empezan (coma nós), que queren darse a coñecer ou establecer redes de colaboración, pequenos empresarios que ven que no comercio electrónico atoparán un pulo para o seu negocio, e en xeral para calquera que queira facerse visible na rede, poden contar con nós, que con toda a ilusión do mundo e moitas ganas de facelo ben, conversaremos sobre cal é a situación e cal dos nosos servizos pode dar resposta o que nos plantexen.

Traballamos tanto de maneira virtual como presencial, como non podía ser doutra maneira… Para visitar os nosos espazos virtuais, podedes seguir navegando pola nosa páxina web ou as redes sociais e dicirnos qué vos parecen, e si queredes visitarnos no noso despacho, esperámosvos na Rúa do Piñeiro, en Allariz.

Se che gustou, comparte!

Filed Under: Redes sociais

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Política de privacidade / Aviso legal / Cookies

sendadixital ·  639 07 80 92