Logo de case dous anos de historia de Sendadixital, o venres 11 de marzo montamos o stand no que sería a nosa primeira feira, todo un luxo tratándose da tradicional feira do Lázaro do noso pobo, Verín.
Ademáis da fantástica experiencia de saír da oficina e cambiar a un entorno tan festivo, tivemos tamén tempo para coñecer a outros participantes e facer “networking”.
Así que podedes ver unha selección dos motivos polos que nos gustou a Feira do Lázaro 2016.
A organización da feira
Queremos agradecer ó Concello de Verín a organización da feira, e a Julia, que estivo en todo momento pendente de que todo funcionara.
http://www.verin.es/
O terceiro sector social, entidades sociais que fan que o mundo sexa un lugar mellor.
Enfrente do noso stand tiñamos unha representación de ONL’s (organizacións non lucrativas).
Aprendemos máis sobre a Asociación Andrea de Allariz, e Elsa deu unha charla explicando cómo traballan polo benestar de colectivos desfavorecidos da sociedade e pola conservación e protección do burro, están en San Salvador dos Penedos (Allariz), un gran traballo nun entorno inigualable.
http://andreaasociacion.org/
Coñecimos a Asociación Ve la luz, asociación autoxestionada e formada por mulleres e menores que viviron violencia de xénero e/ou abusos na infancia. Gloria, explicounos a súa experiencia como activista e presidenta desta asociación e falounos sobre cómo reinventando as técnicas da lá merina o resultado son bolsos, chales e xabóns moi orixinais e alegres.
http://www.asociacionvelaluz.es/
O stand de Pro-Animales Verín, posiblemente o posto máis animado (sin contar os de pinchos e bebidas, claro) demostrou que a xente da comarca está cada vez máis sensibilizada co apadrinamento e adopción de animais abandoados. Gracias polo voso esforzo diario!!!!
https://www.facebook.com/proanimales.verin
O traballo das abellas… e de David. Abella Obreira
O mel, indispensable pola cantidade de usos que ten (repostería, medicina natural, remedios, cociña moderna e tradicional) tamén estaba presente na feira. Un dos nosos produtores favoritos de mel da comarca é David, de Abella Obreira. O resultado do seu bo traballo é un mel de castiñeiro, denso, escuro e brillante. Tamén viñeron algunhas das súas abellas á feira, de seguro o pasaron ben entre tanta xente.
https://www.facebook.com/abella.obreira
Técnica, paciencia e creatividade. Artes Van-Gogh
Julio, este artista do vidrio explicou a un atento público o proceso para crear estas obras de arte. Paciencia, técnica seguramente a experiencia de moitos anos traballando con este material son algúns dos segredos para crear pezas únicas como as que presentou no seu stand.
Podedes visitalo no Camiño Vello de Sousas, 92, en Verín.
Innovación e tradición. Wine to eat
Chamounos a atención un posto no que se anunciaba viño para comer (wine to eat) e por suposto tardamos moi pouco en probalo, mercalo e recomendalo. Toda unha experiencia para os sentidos, e de seguro cando vaiamos a Chaves repetiremos.
http://www.winetoeat.com/
Premiados en Bruxelas e tradicionais de Monterrei. Terra de Baronceli
Juan, da empresa Terra de Baronceli, invitounos a probar o paté ecolóxico de shiitake (lentinula edodes). Explicounos máis sobre esta seta e cómo o seu paté foi elexido o produto máis orixinal no Galician Gourmet Extravaganza en Bruxelas.
O certo e que xa fai moito tempo que as marmeladas ou os patés de Terra de Baronceli ocupan un lugar privilexiado nas despensas de moitos amigos e amigas da comarca, esta empresa leva 10 anos fabricando marmeladas, patés vexetais e conservas naturais, e a nos encántannos.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/verin/2016/03/07/pate-ecologico-verin-triunfa-certamen-belgica/00031457377604386354998.htm
Cervexa artesana, ecolóxica e de Monterrei. Pater Paul
Pablo Casanova é o autor destas cervexas feitas na nosa comarca. Puidemos probar e mercar a súa nova cervexa ecolóxica “As Galegas” e ademáis deu unha charla sobre a elaboración desta bebida na casa, que atraeu a moita xente. De seguro a cervexa de Monterrei chegará moi lonxe.
https://www.facebook.com/Cerveza-Monte-Rei-1472566669642126/
Rainbow, tecnoloxía na limpeza do fogar.
Carmen participou na feira, e moita xente puido ver unha demostración ou solicitala para outro día, para coñecer máis sobre este sistema de limpeza, que depura o aire, moi indicado para persoas alérxicas e para realizar limpezas en profundidade. Podedes contactar con ela para saber máis no 988680162
Diversión asegurada. Disco Móvil Jorge
Alguén nunca estivo nunha festa que estivera animada por Discomovil Jorge? Divertido, profesional e simpático, tamén estivo na feira ocupándose do son e de presentar aos diferentes participantes da feira. Moitas grazas Jorge.
http://www.discomoviljorge.com/
Delicatessen do noso. A tendiña da Merced
Parada obrigatoria esta tenda na que atopamos sempre os mellorciño da comarca. Nati, unha muller que aposta pola calidade e pola identidade dos produtos que se fan aquí.
As empanadas que fai son espectaculares, e sempre descubrimos algunha delicatessen gracias ás súas recomendacións.
https://www.facebook.com/atendina.merced
Nova tenda moi pronto. Asubío
Moitos e moitas somos as que esperamos con impaciencia o día 21, cando abrirá as súas portas unha nova tenda en Verín. Durante a feira do Lázaro xa tivemos a oportunidade de ver e mercar produtos ecolóxicos, tanto de alimentación como de coidados corporais e cosmética. Moita sorte e vémonos axiña na rúa Maior, 31.
Asesoramento a empresas e traballo en rede. Antena Local- Cámara de comercio, Aehcom e Aever
Presente na feira, Susana, a técnica de Antena Local de Verín deu unha pequena charla na que animou a xente a emprender, actividade que sen dúbida é menos difícil e máis agradable co seu asesoramento.
http://www.camaraourense.com/index.php?sec=antena_verin
Aehcom. Asociación empresarios de hostalería da Comarca de Monterrei.
Unha entidade que fortalece os lazos entre os profesionais da hostalería, pon en valor a gastronomía da nosa zona e dende fai uns meses anima os xoves de Verín con #pinchoxoves. Na feira do Lázaro, estiveron presentes e puidemos disfrutar de auténticas delicias.
https://es-es.facebook.com/aecom.hosteleirosdacomarcademonterrey/
Somos membros e colaboradores habituais da Asociación de Empresarios/as de Verín, nesta asociación atopamos unha boa acollida e asesoramento cando comezamos a traballar na comarca, podedes ver por exemplo a campaña #EuMercoEnVerín nas redes sociais na que fomos dinamizadores.
https://www.facebook.com/ccu.verin/
Ata a feira do Lázaro 2017!!!
Deixa unha resposta