Nas últimas semanas moitas persoas téñenme preguntado si era mellor facer un perfil ou unha páxina de facebook para os seus negocios.
Non puiden dar unha resposta definitiva, e tras facer un análisis que me permitira comparar as dúas opcións que nos da facebook, decidín entrar nas tendas cos ollos de escoitar e coas orellas de ver, e esto foi o que sucedeu:
Tes talla do vestidiño que puxeches no facebook onte a noite?
Que pinta teñen esas tapas que puxeches no instagram!
Xa vin polo twitter que tendes unha oferta para agosto… qué teño que facer?
Veño buscar o pano que che encarguei por facebook, sí, ese que lle gustou a miña filla!
Finalmente decidín facer unha lista con cinco motivos nos que defenderei facer un perfil fronte a unha páxina de facebook. Prometo facer un post con outros cinco motivos polos que debería gañar este debate a páxina, pero de momento aquí vos deixo esta lista para que debatades, reflexionedes e por suposto compartades
1.- O importante son as persoas
Cando buscamos consumir no comercio local, póñense en valor as persoas, a profesionalidade, a calidade no trato, o cariño. Un perfil representa a unha persoa, permite unha interacción moito máis cercana que unha páxina corporativa de facebook, facilita o coñecemento mutuo e a desvirtualización das relacións. As páxinas sirven para representar empresas, organizacións ou marcas, pero no comercio local mercamos porque nos gusta atopar a persoas que nos miren á cara, que nos escoiten e que nos sorrían
2.- En grupo somos máis fortes
Os perfís individuais de facebook poden formar parte de grupos, as páxinas non.
Os grupos (sexan virtuais ou de carne e oso) son un canal moi potente para o intercambio e o cambio.
Intercambiamos opinións, información, e recordos. Volvemos formar parte dunha “praza do pobo” onde actuamos colectivamente, coñecémonos, mostrámonos e crecemos como comunidade.
Ademáis de ser un gran escaparate para os productos do comercio local, os grupos de facebook mostran a capacidade de cambio e evolución que temos cando actuamos con obxectivos comúns e sumamos esforzos
3.- Si a maioría ten perfil por algo será
E así é. En Verín a maioría dos negocios utilizan un perfil. Según o manual de axuda de facebook, os negocios deben ter un perfil de páxina, non un perfil individual, sen embargo, moitos dos que hoxe estamos nesta rede comezamos experimentando cun perfil persoal, sen saber que un día evolucionaría ata ser un escaparate da nosa actividade profesional.
Si no contexto no que están os clientes, funciona o perfil individual, por qué non seguir? Podemos ir buscando a maneira de comunicarnos cos clientes e poñer en valor a nosa marca: participar en grupos onde a xente busque o que nos ofrecemos, enlazar o contido que publicamos á páxina web da nosa empresa, facer listas cos amigos para filtrar a información que compartimos con cada un deles, ou crear un perfil persoal diferenciado do profesional.
4.- “Yo quiero tener un millón de amigos y así mas fuerte poder cantar”
Calma, igual non chegamos a un millón de amigos, pero si chegamos ós 5000 que facebook pon como límite podemos activar a opción de ter seguidores, é dicir, persoas que poden recibir as noticias que teñamos como públicas no seu muro sen necesidade de que sexamos amigos.
5.- Nunca choveu que non escampara
E si resulta que un día vemos que xestionar un perfil individual non é o que necesitamos e queremos cambiar a nosa presenza en facebook, podemos facer os pasos automáticos ou ir falando cos nosos amigos e explicándolle que temos intención de cambiar a páxina, dándolles motivos para que sigan a nosa actividade. Se ben é certo que as condicións van cambiando cada certo tempo, se imos avaliando a nosa presenza dixital e planificamos a actividade nas redes sociais, os cambios non teñen porqué supoñer unha perda de seguidores ou clientes.
Sexa como sexa a vosa presenza en facebook, si tedes páxina e perfil, é recomendable dinamizar os contidos que publicamos na páxina corporativa a través do perfil persoal, para chegar non só ás persoas que siguen a páxina e que indicaron que lles gusta senón tamén a nosa lista de amigos.
Si che gustou este post ou cres que pode ser útil para outras persoas podes compartilo nas túas redes sociais… Gracias!!!
Deixa unha resposta